Pinche aquí para escuchar nuestra emisión on line

Selecciona o teu idioma


Español Catalan Inglés Italiano Gallego
Visite nuestra galeria de fotos de Andújar

Andújar, a nosa cidade


Representamos a unha cidade monumental, dinámica e culturalmente moi desenvolvida. Presumimos de ser un medio de comunicación dun colectivo de case corenta mil habitantes que vive intensamente todo o que patrocina e protagoniza. Palacios de gran presencia monumental e histórica, curunchos cheos de vida onde reside boa parte da nosa historia; templos relixiosos que son referencia de estilos e acabados, no seu interior atopamos pezas únicas en forma de retablos, pinturas e imaxinería; museos arqueolóxicos, de pintura, de escultura e de automóbiles, este último responsabilidade dos irmáns Del Val, dous grandes da historia de automoción e do motociclismo en España.


Arredores impresionantes dunha serra que ten no seu interior paisaxes e vida procedente da súa flora e fauna, única por acoller animais extraordinarios e en perigo de extinción, como é o caso do lince ibérico, que, no parque natural “Sierra de Andújar”, atopou o seu hábitat perfecto e, debido a isto, actualmente mantense un número deles que supera os cen exemplares. Non podemos esquecer o río Guadalquivir, moi importante na historia da cidade e de Andalucía. En canto ó aceite, o ouro líquido desta terra, o zume da oliva, está perfectamente representado por empresas que, usando exclusivamente métodos tradicionais e extraccións vírxenes, consúmese en medio mundo. Un detalle: a Selección Española de Fútbol incorporouno na súa dieta no Mundial de Corea.


En canto ós seus costumes populares, é a romaría na honra da Virxe da Cabeza, patrona da cidade e da diocese de Xaén, que ten o seu santuario a trinta e dous quilómetros da cidade e onde congréganse máis de cincocentas mil persoas o derradeiro fin de semana do mes de abril, a que máis atractivo mariano ten das coñecidas no noso país e onde a festa tamén está garantida. Calderón de la Barca e Miguel de Cervantes falan dela nalgúns dos seus libros e está comprobado que é a primeira romaría da que se coñecen datos evidentes de que se vén celebrando dende tempo inmemorial. Da súa Semana Santa, destacar a entrega e a paixón dos irmáns confrades. Naturalmente, a imaxinería que se pon na rúa para os percorridos semanasanteiros, ten a súa particular historia e un valor incalculable. Cuidanse todos os detalles e gaña cada ano en prestixio.


Situada á carón da autovía de Andalucía (Nacional VI), Andújar renova cada día o seu compromiso e da a benvida a centos de persoas que buscan entre os habitantes a amizade e a paz da que fan gala. A oferta gastronómica, tan ampla como exquisita, ten a súa referencia nas carnes da serra e nas verduras e froitas da súa horta. Os seus pratos, polo tanto, teñen como base produtos de primeira calidade, ecolóxicos e sans: carne de monte, paté de perdiz, lomo de orza, solombo e escalopíns de cervo... Os pratos de culler teñen unha ligazón coa horta que vén moi de antigo e moitos dos que podemos atopar nas cartas dos restaurantes máis prestixiosos da cidade responden a vellas receitas caseiras gardadas con gusto e mimo. Gastronómicamente, Andújar foi dende sempre unha cidade que contou con pratos sinxelos e extraordinarios. Unhas humildes xudías brancas con perdiz, ou uns flamenquíns caseiros, ou unha carne de monte, ou unhas patacas en adobillo, ou un gazpacho basado no noso aceite e nas nosas verduras, serviron durante anos para nutrir a miles de persoas que por aquí pasaron.


Hospital con tódolos servizos básicos e cen camas, Notarías, Rexistro da Propiedade, a Banca case ó completo, ampla rede de caixeiros automáticos, servizo de autobuses, gran área comercial ó carón da autovía, centos de establecementos adicados ós máis diversos oficios, concesionarios de autómobiles de tódalas marcas, complexos polideportivos, campos de fútbol, escola de voo sen motor e parapente, empresas organizadoras de caza menor e maior.. Aquí fabrícanse iates e veleiros e os seus viveiros de flores e plantas adornan xardíns en toda España. Os seus ceramistas dan vida ó barro e preséntano en acabados cheos de historia; a xerra do estudante e a xerra grutesca ou grotesca son dous exemplos que nos serven para xustificar o resto dos traballos que aquí se fan e que están representados en todo o mundo. Somos tamén exportadores de cabalos de raza española, formando parte da nosa cultura a súa doma e monta. Infinidade de picaderos e unha parada de sementais gardan cabalos de gran pureza e valor. A máxima expresión do cabalo chega en romaría, cando miles de eles pasean pola cidade os días previos e logo cabalgan camiño do santuario da Virxe da Cabeza a renderlle amor e pleitesía.


O noso mel, procedente do parque natural, é unha mostra de paixón polo noso, de dedicación ó puro e ecolóxico. A industria ó completo está representada en Andújar, o que imprime carácter ós seus habitantes. Mobles de estilo que viaxan a países tan afastados como Australia, Arabia Saudita ou Rusia; iates e veleiros que surcan os mares do mundo; aceite de oliva que beneficia a saúde de quen o consome; monterías de caza maior que atraen escopetas de toda Europa; cerámica que adorna curunchos en casas de quen ama o puro; artesáns do vimbio que dan descanso a reis e príncipes... As tradicións da nosa cidade pasan pola paixón ó mariano, polo fervor mostrado a todo o que cheire a rancio e sincero; polo flamenco, cunha Peña que se obriga a sí mesma á perfección en todo o que fai. Raices taurinas avaladas por figuras do toreo en tódolas artes de Cúchares.


As xentes de Andújar, con todo, son o seu mellor patrimonio. Gracias á súa entrega, á súa decidida aportación solidaria, a cidade camiña imparable cara a postos socioeconómicos que lle aseguran calidade de vida e benestar. Para quen busca tranquilidade para o seu lecer, paisaxes por descubrir, cultura para os seus coñecementos, historia que incorporar ós seus traballos, paixóns que melloren o seu coñecemento do humano, Andújar ten moito que aportar e máis que contar. E para quen guste do gastronómico, dito quedou que somos un exemplo para o mundo en acabados e gustos.


Andújar ben vale unha visita. Andújar é moito máis...


Juan Parras García


Edita Radio Andújar S.L.U

C/. Ollerías 39, 1ª · 23740 Andújar (Jaén) - Teléfonos: 953-502100 - E-mail: radioandujar@radioandujar.com